Monday 29 de April de 2024

O Concello de Camariñas anima á veciñanza a exercitar a memoria a través das súas redes sociais


A iniciativa parte do departamento de Servizos Sociais.

O Concello de Camariñas quere que, mentres dure este tempo de confinamento pola declaración do Estado de Alerta, os seus veciños e veciñas exerciten a memoria. Para iso subirá todas as semanas á súa páxina de Facebook unha serie de exercicios aptos para todas as idades e posibilidades.

Todos os martes colgaranse fichas con exercicios de orientación, atención, cálculo, razoamento lóxico… e os venres subiranse as solucións para que, quen o desexe, comprobe se os fixo ben.

Haberá dous niveis: o 1 para as persoas maiores ou que teñen máis dificultade e o 2 para aquelas que teñen máis facilidade. A primeira das fichas xa está subida polo que desde o goberno local anímase á veciñanza a que avalíe a súa memoria.